LOIS PEREIRO, O NOME DA CASA DE CULTURA

casa_cultura_1

Os participantes no bautizo da casa de cultura co nome de Lois Pereiro

O pasado día 12 de abril, Monforte rendeu unha sentida homenaxe a Lois Pereiro, poeta, escritor, veciño e Fillo Predilecto da cidade.Celebrouse o acto de nomeamento da Casa da Cultura como CASA DA CULTURA POETA LOIS PEREIRO, e da Biblioteca Pública Municipal como BIBLIOTECA PÚBLICA POETA LOIS PEREIRO. Realizouse o selado de libros de Lois Pereiro co novo selo que leva a súa imaxe, e varios autores/as pertencentes á Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG) leron poemas de Lois. Neste acto participaron, entre outros, o presidente da AELG, Cesáreo Sánchez Iglesias, e os/as escritores/as Rosalía Fernández Rial, Manuel Rivas, Xurxo Souto, Antón Lopo, Mario Regueira, Iago Martínez, e Mercedes Queixas. Entre as diferentes lecturas, o músico monfortino Gonzalo Herrero interpretou breves pezas musicais.

Poeta-Lois-Pereiro

QUEN FOI LOIS PEREIRO:

Lois Pereiro naceu en Monforte de Lemos o día 16 de febreiro de 1958 e morreu o día 24 de maio de 1996.  Foi un escritor é un poeta galego, e no ano 2011 adicoúselle o Día das Letras Galegas. No 2015 o concello de Monforte, a súa cidade natal adicoulle o ano Lois Pereiro para homenaxear ao escritor con diferentes actos e darlle o nome do poeta á Casa da Cultura e a biblioteca municipal de Monforte. Véxase un párrafo dos seus poemas: Cuspídeme enrriba cando pasedes por diante do luga;r eu repouse, enviándome unha mensaxe de vida.

Artigo redactado por José Alberto Ferreiro, Rafael Dourado e Adrián Ynarejo.

Leave a comment