As Letras Galegas no Torre de Lemos

img_2577

O día 19 de Maio no colexio celebrouse o acto anual do día das letras galegas do que se encargou a nosa profesora de galego Remedios Sánchez. Este ano conmemoramos ao autor Xosé Filgueira Valverde. O acto celebrouse no patio do noso centro cun sol radiante e luminoso. Coa axuda da nosa profesora moitos alumnos do colexio de todos os cursos participaron no acto. Comezouse cunha introducción a cargo das nosas compañeiras de 4º de ESO, Marta Grau e Andrea Anache, que presentaron o festival. Encetárono os nenos de Educación Infantil cunha canción. Logo interpretáronse moitos poemas a cargo de representantes de cada curso de Educación Primaria. Despois escoitamos aos nosos alumnos de todas as etapas da ESO, que xuntos recitaron poemas galegos de Xosé Filgueira Valverde e outros autores moi coñecidos. Tamén se escoitou unha canción coa pandeireta e o acordeón, que dirixiu o profesor de música de Primaria, Ibán López, e a alumna de 3º da ESO, Isabel Rodríguez. A seguinte peza foi a flauta, interpretada polos alumnos de 2º e 3º de ESO. Entregáronse os premios do maratón lector da segunda avaliación. Este é un proxecto que ten como obxectivo que os nosos alumnos lean libros. Begoña Camoira. O acto rematou cunhas cantigas que interpretaron todos os cursos a coro, sen faltar o noso Himno Galego.

Nova redactada polos alumnos Natalia López y Rafael Dourado

E

Advertisements

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out /  Change )

Google photo

You are commenting using your Google account. Log Out /  Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out /  Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out /  Change )

Connecting to %s