Entrevista Iria e David

O equipo Alevín de Voleibol representado por María e Enma (6ºEP) realizoulle unha entrevista aos seus entrenadores.

20140201_130748

 

¿Estades orgullosos do equipo de voleibol?

Iria: Si, por suposto que estamos orgullosos. Sobre todo porque ata fai pouco tempo non había equipo de voleibol no colexio, nin había ningunha tradición de voleibol, entón, estamos moi contentos coa vosa actitude.

David: Si, eu estou moi orgulloso, e sobre todo de que viñésedes sempre a entrenar, de que vos portásedes moi ben, foi fantástico independentemente dos resultados.

¿Por qué  vos gusta xogar ao voleibol?

Iria:  o certo e que a min cando tiña a vosa idade non me gustaba nada, pero co tempo púxose de moda e empezoume a gustar máis. E sobre todo porque é un deporte de equipo e todos os deportes de equipo axudan a aprender moitos valores da vida. .

David: E un deporte de equipo e ademais é espectacular á vista do publico.

¿Qué o que mais vos gusta deste deporte?

David: Que é en equipo e a espectacularidade do xogo. E que tecnicamente é un xogo difícil e vós mellorades moito non solo no voleibol senón en moitos aspectos motores.

¿Destacariades algunha xogadora polo seu progreso?

Iria: En xeral o progreso de todas foi estupendo, non vamos destacar a ningunha en concreto Todas moi ben!

¿Considerades o voleibol o deporte máis popular do colexio?

David: Agora mesmo si, porque están a xogar entre 30 e 35 alumnos do colexio. Evidentemente si é o mais popular e espero que coa vosa axuda o siga sendo.

¿Estades satisfeitos co esforzo que fan as nenas?

Iria: Por suposto que si, é un dos puntos q máis destacamos David e eu, o esforzo a ilusión que tedes nos adestramentos e nos partidos.

¿Cando erades nenos practicabades este deporte?

Iria: Eu si, xoguei no colexio onde estudei, na Pinguela e tamén na universidade.

David: Eu non, sempre xoguei ao fútbol e fixen judo. Empecei a practicalo cando cheguei ao colexio e na miña carreira

¿Actualmente xogades a outro deporte? .. ¿cal vos gusta máis?

Iria: eu non xogo a ningún deporte en concreto, o que si, intento ir ao ximnasio, correr de vez en cando, ultimamente menos, pero un deporte en equipo no.

David: Eu sigo xogando ao fútbol e xogo ao padel.

¿Cres que as nenas de voleibol poderían haber conseguido a vitoria no campionato provincial?

Iria: eu estou segura de que probablemente si. Había un equipo que era bastante forte que era o MB1 e iámolo ter un pouco máis complicado, pero eu estou convencida ao 100% que os nosos resultados tiñan que haber sido moito mellores.

David: Eu estou convencido de que poderíamos haber optado ao titulo, pero sobre todo, competir máis. Os nervios traizoáronvos.

¿Estades orgullosos das nenas por haber chegado ata alí?

Iria: Moi orgullosos. E esperamos que se volva a repetir!

David: Nesta idade o importante non é o resultado.

Advertisements

O Fútbol no cole!

20140610_113646 (1)

Este ano volveuse a poñer en marcha a actividade de fútbol sala no noso centro cun equipo composto por rapaces e rapazas de Educación Infantil e Primaria. Foi para moitos deles o seu primeiro contacto con este deporte e os progresos foron bastante grandes. Aprendemos a correr, saltar, xirar, interpretar espazo e tempo, conducir o balón, a pasar, a regatear, a atacar e a defender e puxemos as bases para un gran equipo no futuro.

Debido á súa idade, estes nenos non poden participar no programa de deporte escolar “Xogade” pero para que tiveran contacto coa competición organizáronse dende o centro dous partidos amistosos contra o Colexio Novo e contra o Colexio Ferroviario. No primeiro partido perdemos 5 – 4 e no segundo as melloras foron moi notables e acadamos unha ampla vitoria por 14 – 4.