Listaxe de cousas que os humanos atoparán no mundo real

Princesas sen reinos, nin súbitos, nin coroas

Finais felices que nunca chegaron

Guerras, conflitos e discusións polo xigante verde.

Desilusións, soños escarchados e xente vencida.

Un grupo de persoas que te xulgan por todo o que fas, vistas e digas.

Namorados que pasean baixo a luz da lúa.

Albores que teñen o mar de tons cálidos.

Emprendedores que loitan por cumprir un sono.

Xente que por non deixar a un lado o seu orgullo, pérdeo todo.

Nostalxia

Recordos

Días soleados e nubrados

Vida, morte

Nacer, crecer, morrer

París, Roma, Milán, Nueva York, Londres

Millóns de cidades, millóns de historias.

Xa non existen Romeos nin Xulietas

Tristanes nin Isoldas

Amizade, amor, alegría que compensan todos os males.

 

Elaborado por: ALUMNADO 4ºESO

Advertisements

Listaxe de cousas que os humanos atoparán no espeso monte

Unha bruxa perdida

Un esquío durmido

Unha bolboreta encantada semellante a unha fada

Unha néboa espesa no medio da nada

Que cubre os lobos, a toda a súa manada

Migallas de pan en liña

Hansel e Gretel berran

Un animal chora

Voan as esporas

Das plantas soñadoras

Outra vez …

Outra vez …

Berros

O reflexo do sol nos piños pulverizados

Provocando un brillo coma o dun faro no cabo

O sangue corre pola casa acaramelada

Hansel foi devorado

A cascada soa e esperta á manada

O esquío durmido foxe para salvar a súa vida

A nena escapa

Laméntase a bruxa malvada

Gretel é perseguida,

Comeza a súa fuxida

As miguiñas desapareceron

Pobre Gretel

Gretel e o seu terrible destino

Silencio, só silencio,

Nada máis que silencio.

 

 Elaborado por: ALUMNADO DE 4º ESO