Plan PIPE e Escola de Idiomas

PIPE-1

É unha iniciativa que persigue potenciar, mellorar e estandarizar a  ensinanza de idiomas nos diferentes Centros Educativos mediante tres eixos fundamentais; curricular, complementario e extraescolar.  Un dos elementos máis importantes é a certificación externa do alumnado, profesorado e membros da comunidade educativa como son as familias a partir de institucións educativas de gran prestixio: Trinity College London e Cambridge  University. O obxectivo é  facilitar cun contacto directo, continuo e natural dos idiomas o parendizaxe do Inglés para desenvolver as habilidades lingüísticas útiles en diferentes situacións da vida cotiá e nun futuro laboral.

O Plan PIPE persigue implementar e optimizar a eficacia da ensinanza de idiomas na escola son:

  • Incremento cualitativo e cuantitativo da ensinanza de inglés coma segunda lingua.
  • A programación dunha formación específica do profesorado
  • Unha avaliación externa do profesorado, alumnado e familias.

DSC_0014

Este ano contaremos polo tanto no centro cunha Escola de Idiomas en Inglés. Xa que o noso, é un centro  comprometido coa calidade e consciente da importanciados idiomas.   Os grupos serán reducidos mediante un seguimento personalizado con continua información ás familias mediante Newsletter mensuais e informes trimestrais. Contarán con eventos culturais periódicos onde empregar o idioma así coma, cun auxiliar de conversa.

Os exames e a modalidade seleccionada será Cambridge xa que é a opción máis completa pois instrúen nos campos da lectura, escritura, gramática, escoita e conversa.

“Los niños nacen con la capacidad de aprender lenguas, el factor clave son las  oportunidades que se les proporcionan para utilizarlas”     

(D. Marsh, 2003)

Matricúlate! 

Advertisements

SOMOS PLURILINGÜES!

Este ano atopámonos dentro da rede de centros Plurilingües da Comunidade Autónoma de Galicia. O noso proxecto de Plurilingüísmo  iniciouse este ano 2013 – 2014, despois de contar xa en anos anteriores con Seccións Bilingües. Os alumn@s do primeiro ciclo cursaron materias integramente en Inglés, as cales se irán ampliando no centro dun xeito progresivo. Este ano os alumnos de 1º E.P tiveron Science (coñecemento) e Educación Física, o cal foi todo un éxito, xa que a estas idades a aprendizaxe dunha segunda lingua non supón maior esforzo para os nenos e as vantaxes son infinitas. E a todo isto debemos sumarlle que a o longo de todo o curso tivemos unha auxiliar de conversa nativa onde foi un absoluto privilexIo co que contamos nen@s e mestres …

Que é o Plurilingüísmo ou ser PLurilingüe?

O termo plurilingüísmo fai referencia á presenza simultánea de dúas ou máis linguas na competencia comunicativa dun individuo e na interacción que se establece con elas.

Cal é a diferenza entre as seccións Bilingües e un centro Plurilingüe?

Os centros plurilingües diferencianse das seccións bilingües en que no primeiro caso, pódese impartir un tercio do horario lectivo de forma íntegra en Inglés, mentres que nas materias cursadas nas seccións bilingües, a relación co profesorado e os compañeiros realizase tanto no idioma estranxeiro coma no castelán.

Vantaxes

Os nenos e nenas bilingües ou plurilingües teñen a capacidade de dominar idiomas ao mesmo nivel dun nativo.

Medran con dous ou máis idiomas desenvolvendo unha conciencia pola linguaxe e son capaces de comprender máis rapidamente que o idioma é só un medio e que existen diversas maneiras de transmitir unha mensaxe.

Os nenos/as que reciben unha educación plurilingüe teñen a capacidade de pasar información dun idioma a outro, xa seña para ganar vocabulario ou para entender mellor o funcionamento da gramática.

Aprender un idioma na infancia ten a vantaxe adicional de acadar un excelente nivel noutra ninguna estranxeira, neste caso Inglés, requisito indispensable para conseguir un titulo universitario e un posto de traballo con proxeción internacional.

Entenden mellor a diversidade cultural do noso mundo e son máis abertos a novas culturas e a diferenza de pensamentos.

 

Intelixencias Múltiples

Inteligencias-Multiples

 

Este ano no colexio instaurouse un novo modelo de ensinanza – aprendizaxe na etapa de Educación Infantil, baseado na teoría das Intelixencias Múltiples. É un modelo no que a INTELIXENCIA non é vista coma algo unitario, que agrupa diferentes capacidades específicas con distinto nivel de xeneralidade, senón coma un conxunto de intelixencias, distintas e independentes. O impulsor desta teoría Howard Garner define a intelixencia como:

La capacidad de resolver problemas o elaborar productos que sean valiosos en una o más culturas”.

Esta teoría propón sete intelixencias, as cales foron amplamente investigadas e documentadas: intelixencia lingüística, matemática, musical, corporal – kinésica, visual, intrapersoal e interpersoal. Todos os seres humans participamos nelas en certa medida nalgún momento das nosas vidas, e polo xeral, podemos destacar nunha ou varias delas. De igual xeito, todos podemos potencialas e utilizar aquelas destrezas nas que destacamos para facilitar o desenvolvemento das que fallamos.

Os alumnos e alumnas só levan cursado este ano a partir de este método e as vantaxes son moitas, aquí vos mostramos unhas cantas:

– Nenos/as cun alto nivel de autoestima

– Boas relación entre os compañeiros de clases

– Traballo en equipo

– Motivación

– Construción de Aprendizaxes Significativos

–  Aprecio polo Medio Ambiente

–  Habilidades de pensamento

–  Habilidades lóxicas para resolver con moita facilidade problemas que se presentan na súa vida diaria.