Un canón do Sil en miniatura

DSC_0009  DSC_0006

Poderíanse facer moitas cousas relacionadas coa espectacular paisaxe da Ribeira Sacra, sen embargo … ¿Cal é a máis representativa? Pois si, o canón do Sil sen dúbida é a paisaxe máis característica e por iso, reproduciuse unha maqueta en miniatura na aula escolar durante todo o curso polo alumnado de E.S.O. e grazas ao apoio do programa de educación ambientalVoz Natura.

A actividade ten carácter educativo recheo de valores co que aprecian e coñecen o espazo natural que os rodea. A maqueta inclúe miniaturas do santuario de Cadeiras, a presa hidroeléctrica de Santo Estevo e os característicos bancais vitícolas que outorgan unha especial espectacularidade ao paisaxe dos marxes do Sil.

Advertisements