
A Concelleira de Cultura, Pilar López, presenta un completo programa de actividades organizado dende o Concello para conmemorar o Día das Letras Galegas deste ano 2015. Trátase dunha proposta de actividades culturais e literarias que darán comezo o 6 de maio e non rematarán ata o día 29. Incluirán dende Exposicións, ata teatro, música, certames e espectáculos para nenos e maiores.
Unha proposta completa con máis dunha dúcia de actividades para celebrar, ao longo de todo o mes, a xornada festiva do 17 de maio.
O programa é o seguinte:
EXPOSICIÓN: TERRA E LETRAS DE LEMOS: 17 OLLADAS
De J.M. Rodríguez
Sala Exposicións da Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro do 7 ao 29 de maio
VISITAS GUIADAS Á EXPOSICIÓN “TERRA E LETRAS DE LEMOS”
RUTAS:
RUTAS HISTÓRICO LITERARIAS POR MONFORTE
Alumnos educación secundaria centros ensino de Monforte e público en xeral
RUTA “COÑECE MONFORTE”
Alumnos educación primaria centros ensino de Monforte
Maio
CERTAME DE NARRACIÓN E DEBUXO INFANTIL LETRAS GALEGAS:
Tema Da ciencia á ficción: O home na lúa, os robots, a realidade virtual, etc..
Biblioteca Pública Municipal Poeta Lois Pereiro.
Fin prazo presentación: 8 de maio
XXIV CERTAME MUNICIPAL DE TEATRO PARA CENTROS DE ENSINO:
Colexio P. Ferroviario/Tempos modernos para todos/14 de abril
Colexio PP Escolapios / Fantasía/ 28 de abril
IES A Pinguela/A revolución azul/ 29 de abril
CEIP A Gándara /Acabouse a función/ 30 de abril
CEIP de Monforte¡ /A fala / 5 de maio
IES Río Cabe/Macbeth/ 6 de maio
CEE Infanta Elena/ Lola y Lolita las del frasquito/ 7 de maio
Prodeme / Enriqueta Si, Enriqueta No/ 8de maio
Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro ás 20:00 h.
Entrega de premios o 8 de maio ás 21:20 h na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro
CORRELINGUA 2015 – RIBEIRA SACRA:
Carreira non competitiva de alumnos de centros de ensino, dende San Vicente ata o parque dos Condes, logo haberá diferentes actividades relacionadas coa lingua, coa actuación do grupo monfortino OS CARALLUDOS e XURXO SOUTO.
Mércores 6 de maio ás 11:15 h
OS MAIOS:
Concentración de maios e lectura de coplas
Mércores 6 de maio na Praza de España ás 17:30 h
ESPECTÁCULO DE HUMOR:
Alberte Montes con”Galego pode selo calqueira. Manual do bo galego”
Xoves 14 de maio no Centro Cívico ás 20:00 h
CONCERTO DE CORAIS LETRAS GALEGAS:
– Grupo Coral de Ponte
– Coral Polifónica do Concello de Monforte
Sábado 16 de maio ás 18:00 h Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro
MERCADO “DAS LETRAS E FLORES”:
Flores de temporada, libros, intercambio de libros entre particulares
Sábado 16 de maio de 10:30 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas
Domingo 17 de maio de 10:30 a 14:00 horas na Praza de Abastos
PRESENTACIÓN DO LIBRO DE AMADEO GOYANES E AS ZANFONEIRAS DE MONFORTE:
Sábado 16 de maio na Praza de Abastos
ACTUACIÓN DE EMILIO RÚA:
Domingo 17 de maio ás 12:00 horas na Praza de Abastos
LER CONTA MOITO:
IMOSXOGAR CON FILGUEIRA VALVERDE
Obradoiro para nenos e nenas de 6 a 12 anos.
Xoves21 de maio. Biblioteca Pública Municipal Poeta Lois Pereiro ás 18:00h.
TEATRO:
Teatro Lila con”Bestiario”.
Venres 29 de maio ás 20:00 h na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro
Artigo redactado por Emma López Méndez